viernes, 3 de abril de 2020

Venres 3 de Abril

Ola Nenos e Nenas:
Xa chegaron as vacacións de Semana Santa. Este ano serán un pouco especiais, pero non por iso menos divertidas. Levamos tres semanas traballando telemáticamente e agora tócanos descansar ou aproveitar para poñernos ao día.
Á volta de vacacións seguiremos traballando neste Blog. Estamos esperando instrucción da consellería de educación para continuar facendo tarefas.
Hoxe, saíron as notas a través de Abalar Móbil. Se algún de vós non as ten, debe solicitalas a directora do centro a través do correo. (información página web do cep Fleming).
Para os que teñen asignaturas suspensas deben reforzar os contidos traballados no 2º trimestre.
Deben facer o repaso trimestral de Lengua, Lingua, Matemáticas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. Cada un o que teña suspenso.






Os demais poden facer moitas actividades pero dentro da casa: cocinar, pintar, escribir contos, tocar un instrumento, aprender mecanografía, e sobre todo LER







No hay comentarios:

Publicar un comentario